PROGRAMACIÓN
Os V Premios Fouciño celébranse do 23 ao 25 de outubro de 2025 no Edificio Praza S/N (Xunto a pastelería Guindas) en Baio. Pulsa aquí para acceder á localización.
O festival botará a andar o xoves 23 de outubro coa proxección de Pura, curtametraxe de Carmen Méndez gañadora dos Mestre Mateo este 2025. Despois do pase haberá un coloquio coa directora.
O venres 24 teremos unha sesión de catro curtametraxes que conectan no concepto de diversidade: ‘Delincuente’, de Alba Domínguez e Nuria Vil; ‘O Coidado’, de Miguel Canalejo; ‘Abellón’, de Fon Cortizo e ‘La casa de la abuela’, de Ashling Ocampo. A noite rematará cun concerto da cantante coruñesa Sofi Peries e un concurso de karaoke cinéfilo.
O sábado 25 de outubro a partir das 18h celebrarase o concurso de curtas, no que se proxectarán as pezas finalistas entre as presentadas, e o público poderá votar. A partir das 22h, na praza Jorge Mira, festexaremos na gala final coa entrega de premios e posteriores concertos de Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita. Pola mañá, a partir das 12h, haberá proxeccións e unha sesión vermú.
OBRADOIROS
O curso terá lugar o sábado 23 de agosto, de 10h a 18h, no centro sociocultural de Baio.
Hai 15 prazas dispoñibles e poderán anotarse nenos e nenas de 8 a 12 anos>
A peza resultante do obradoiro será proxectada o sábado 25 de outubro ás 12h no local dos Fouciño.
Para anotarse, hai que enviar un email a premiosfoucino@gmail.com ou un whatsapp ao número 646391245
MADRIÑA
![]() |
|
MOI PRONTO DESVELAREMOS QUEN É A MADRIÑA DOS V PREMIOS FOUCIÑO |






