Seleccionar página

Presentamos o obradoiro de cine dos VI Premios Fouciño, pensado para mocidade de 11 a 16 anos, que terá lugar o 1 e 2 de setembro en Baio.

O obxectivo será elaborar unha curtametraxe que conte a historia de Baio a través dos seus comercios locais, entendéndoos como espazos de memoria. Tomando como punto de partida algúns dos establecementos máis lonxevos da vila, así coma outros máis recentes, descubriremos as súas historias para entender como esa evolución reflicte tamén os cambios vividos en Baio.

O obradoiro será impartido en dúas sesións, o martes 1 e mércores 2 de setembro. En horarios de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

A primeira sesión será para a gravación das entrevistas e a segunda para a creación do guión e a edición do vídeo.

INFORMACIÓN RESUMIDA E FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

  • Aforo: 15 persoas
  • Idades: de 11 a 16 anos
  • Localización: CSC de Baio
  • Inscrición na seguinte ligazón: https://forms.gle/fimxJCt4jtHijdaD7
  • Para calquera dúbida chamade ao 646391245 ou enviade un correo a premiosfoucino@gmail.com