Seleccionar página

CONTA ATRÁS PARA OS VI PREMIOS FOUCIÑO

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

PREMIOS FOUCIÑO

Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte e loitar contra o seu illamento cultural, achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas.

Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual Galego, especialmente se miramos cara fóra das cidades.

Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa VI Edición, co obxetivo de volver a traer a maxia do cine a Baio.

PROGRAMACIÓN

Os VI Premios Fouciño terán lugar entre o xoves 22 e o sábado 24 de outubro de 2026 en Baio (Zas).

Durante eses días realizaranse actividades e proxeccións en Baio.

O concurso de curtas terá lugar o sábado 24 de outubro. Proxectaranse as pezas finalistas de entre as presentadas e despois terán lugar as votacións do xurado e o público. Finalmente, realizarase a entrega de premios e pecharase o festival con concertos na Praza Jorge Mira de Baio.

CONVOCATORIA E CATEGORÍAS

O concurso de curtametraxes celebrarase o sábado 24 de outubro en Baio (Zas).

O certame contará con tres categorías: Xeral, Escolar e Premio do Público. Poderán presentarse curtas en galego cunha duración máxima de 15 minutos para a categoría Xeral e 10 minutos para a categoría Escolar.

 

PREMIOS

En cada categoría, ademáis do premio monetario, as gañadoras serán galardoadas cun trofeo en forma de fouciño.

Os premios son os seguintes:

Categoría xeral

Categoría escolar

Premios do público

INSCRICIÓNS

As inscricións para o certame de 2026 permanecerán abertas ata o 30 de xuño de 2025 ás 23:59h.

Síguenos nas redes

Praza do Campo, 1. 15850 Zas. A Coruña

+(34) 981 70 83 03

correo@concellodezas.org